Bloquear contido para adultos con Busca segura

Bloquear contido para adultos con Busca segura

Opcións para filtrar o texto, as imaxes e os vídeos con contido para adultos dos resultados de busca.

Busca segura axuda a evitar a devolución de sitios con contido para adultos nos teus resultados de busca. Hai varias maneiras de activar Busca segura:

  • No caso dunha conta individual, escolle as opcións de Busca segura na páxina de Configuración.
  • As escolas dos Estados Unidos poden rexistrarse no programa Bing na aula.
  • A nivel de rede, asigna www.bing.com a strict.bing.com.
  • No caso dun equipo individual, asigna www.bing.com a strict.bing.com.

A seguir veremos máis información sobre como aplicar Busca segura con cada un dos métodos anteriores.

Axustar os filtros de Busca seguraexpando image
  1. Na páxina de Configuración, preme un dos filtros de Busca segura:
    • Estrita: filtrará o texto, as imaxes e os vídeos con contido para adultos dos resultados de busca.
    • Moderada: filtrará as imaxes e os vídeos con contido para adultos dos resultados de busca, mais non o texto. Esta é a configuración predefinida.
    • Desactivada: non filtra os resultados con contido para adultos.
  2. Preme en Gardar.

Algunhas das características e funcionalidades que se describen aquí pode que non estean dispoñibles no teu país ou rexión. Esta é a maneira máis sinxela de activar Busca segura, que ademais se pode desactivar en calquera momento.

Rexistrarse en Bing na aula (para escolas de Estados Unidos) expando image

Bing na aula é un programa gratuíto para escolas dos Estados Unidos. As escolas que se rexistren en Bing teñen a garantía de que obterán resultados de Busca segura estrita e sen publicidade.

Asignar a nivel de redeexpando image

Se queres garantir resultados de Busca segura estrita para todos os usuarios da rede, asigna www.bing.com a strict.bing.com no router ou servidor proxy. Strict.bing.com garante que se devolverán resultados de Busca segura estrita para todas as consultas neste IP e que os controis de Busca segura se desactivarán.

Recomendamos este método para que as escolas que non participan no programa Bing na aula obteñan resultados de Busca segura estrita. Os usuarios particulares e as empresas que queiran garantir a obtención de resultados de Busca segura estrita tamén poden usar este método.

Para aplicar a Busca segura na rede, deberás actualizar a configuración de DNS. Configura a entrada de DNS de www.bing.com de modo que sexa un CNAME de strict.bing.com. Cómpre que uses un CNAME en vez do IP strict.bing.com, pois o CNAME seguirá funcionando mesmo se o IP de strict.bing.com cambia. Ao cambiar o DNS, os resultados seguirán mostrándose aos usuarios coma resultados normais de www.bing.com, pero garántese a obtención de resultados de Busca segura estrita.

Non se recomenda bloquear o IP www.bing.com, pois isto podería bloquear outros dominios de Microsoft.

Asignar para un equipo individualexpando image

Se queres garantir a obtención de resultados de Busca segura estrita nun equipo determinado, podes facelo asignando www.bing.com a strict.bing.com. Por exemplo, se es pai e queres garantir que se obteñan resultados de Busca segura no equipo do teu fillo, este método funcionará á perfección. Só os usuarios que sexan administradores do equipo poderán desfacer este cambio.

Para aplicar este cambio:

  1. En Windows, preme a tecla de Windows e escribe “Caderno de notas”.
  2. Preme co botón dereito Caderno de notas e escolle Executar como administrador.
  3. Preme Si cando Windows pregunte se queres que este programa faga cambios.
  4. Abre o ficheiro de anfitrión. Na maioría das instalacións de Windows, atópase en C:\Windows\System32\drivers\etc\hosts.
  5. Preme a tecla de Windows, escribe “cmd” e preme INTRO.
  6. Escribe "ping strict.bing.com" e anota o IP resultante. Parecerase ao seguinte: 204.79.197.220
  7. Crea unha entrada ao final do ficheiro de anfitrión que se pareza ao seguinte: 204.79.197.220 www.bing.com.
  8. Garda o ficheiro. Agora Windows usará strict.bing.com para garantir a obtención de resultados de Busca segura estrita neste equipo.

Se Windows está instalado noutra localización do equipo, podes atopar o ficheiro de anfitrión escribindo o seguinte no símbolo do sistema: cd /d %systemroot%\system32\drivers\etc.

NOTA: O ficheiro de anfitrión precisa o IP real de strict.bing.com, en vez dun CNAME. Se usas un CNAME, o ficheiro de anfitrión non redirixirá ao IP strict.bing.com.

Algunhas das características e funcionalidades que se describen aquí pode que non estean dispoñibles no teu país ou rexión.

Temas relacionados

Notificar un asunto
Obter máis información acerca de Busca segura (inglés)

See more videos...