Explorar a páxina de inicio

Explorar a páxina de inicio

Descubre como podes descargar, obter máis información ou desactivar a imaxe da páxina de inicio de Bing.

Para axudarte a explorar o mundo que tes arredor, Bing ofréceche unha nova imaxe, vídeo ou panorámicacada día na súa páxina de inicio.

Descubrir máis sobre o tema

Para descubrir máis sobre o tema da imaxe, vídeo ou panorámica diarios, move o rato por enriba para descubrir o cuestionario do día. Os cuestionarios da pantalla de inicio teñen información acerca do tema e ligazóns para descubrir aínda máis información.

Obter información

Para obter información acerca da imaxe, vídeo ou panorámica, apunta rato en Información, na esquina inferior dereita da imaxe.

Descargar ou gardar a imaxe da pantalla de inicio

Podes descargar a maioría das imaxes diarias da páxina de inicio. Para descargar unha imaxe, apunta co rato en Información e preme Descargar a imaxe de hoxe. Para gardar a imaxe na túa páxina Os meus elementos gardados, preme a icona do corazón na parte superior da tarxeta de información.

Ver imaxes anteriores

Preme nas frechas Anterior e Seguinte da esquina inferior dereita da imaxe para ver as imaxes dos últimos sete días.

Personalizar a pantalla de inicio

Na esquina superior dereita da páxina, preme a icona de tres liñas e, en Personalizar a páxina de inicio, preme Mostrar barra de menú ou Mostrar noticias e intereses para mostrar ou ocultar estes elementos.

Activar e desactivar a imaxe

  • Se queres ver un fondo gris en lugar da imaxe da páxina de inicio diaria, usa esta ligazón para desactivala.
  • Se queres ver a imaxe diaria da páxina de inicio en lugar dun fondo gris, usa esta ligazón para activala.

Configurar Bing como a túa páxina de inicio e motor de busca

Usa estas ligazóns para establecer Bing.com como páxina de inicio e fai que Bing sexa o motor de busca para este explorador. Se Bing non se establece automaticamente como páxina de inicio ou motor de busca, segue as instrucións da pantalla.

Mantente ao corrente de todo

Para recibir actualizacións acerca da páxina e inicio e outras noticias acerca de Bing, dálle a Gústame en Bing en Facebook ou segue a Bing en Twitter.

Algunhas das características e funcionalidades que se describen aquí pode que non estean dispoñibles no teu país ou rexión.

See more videos...