Acerca da seguridade persoal en Os meus lugares

Acerca da seguridade persoal en Os meus lugares

Consellos para axudarche a manter a seguridade ao crear lugares con Mapas de Bing. O nenos menores de 13 anos non deben crear lugares.

Os lugares públicos poden buscarse e aparecen como resultados achegados por usuarios. Se fas privada unha lista de lugares, estes non se poderán buscar, pero poderás compartir o enderezo web. Xa que os lugares públicos están dispoñibles para todo o mundo na internet, ten coidado á hora de gardalos.

Le o Código de conduta de Windows para asegurarte de que segues as directrices. O nenos menores de 13 anos non deben crear lugares.

Utiliza o sentido común e os seguintes consellos para estar seguro:

  • Pensa sempre na túa seguridade: non fagas pública ningunha información que non che gustaría que lera un estraño. Tamén debes pensar na seguridade da túa familia e amigos.
  • Protexe a túa identidade: non inclúas o teu nome real, o nome do teu colexio ou equipo, onde traballas ou calquera outra información que poda identificarte persoalmente.
  • Protexe o enderezo da túa casa: non lle digas a xente que non coñeces onde vives.
  • Non fagas público o teu horario persoal: non deixes que xente que non coñeces saiba cando vas a estar só na casa.
  • Examina as túas fotos: asegúrate de que as túas fotos non conteñen números da túa casa, matrículas ou outros datos identificativos.
  • Comprobar datos ocultos: asegúrate de que os metadatos ou propiedades das túas fotos non conteñen información que podería utilizarse para identificarte persoalmente.
  • Comproba as túas ligazóns: non inclúas ligazóns a sitios web ou blogs que conteñan información que poida identificarte.
  • Axuda á xente a protexerse: non inclúas nin ligues ningunha información de identificación de ninguén e non deixes que outros inclúan nin liguen información persoal túa.

Algunhas das características e funcionalidades que se describen aquí pode que non estean dispoñibles no teu país ou rexión.

Temas relacionados

Realizar un seguimento do que atopas
Enviar comentarios ou notificar un asunto

See more videos...