Acceso ao teu correo electrónico desde a barra de Bing

Acceso ao teu correo electrónico desde a barra de Bing

Descubre como engadir e eliminar a túa conta de correo electrónico, escribir e eliminar mensaxes ou como resolver erros comúns de correo electrónico.

O botón Correo de Barra de Bing permite previsualizar as mensaxes de correo electrónico máis recentes da túa caixa de entrada de Gmail, Yahoo! Mail ou Outlook.com e recibir alertas de correo electrónico.

Cando a túa conta de correo electrónico existente estea configurada para funcionar coa Barra de Bing, a Barra de Bing comprobará cada dez minutos de forma automática se hai correo novo.

Configuración da túa conta de correo electrónico para que funcione coa barra de Bingexpando image
  1. Preme no botón Correo Imaxe do botón Correo na barra de Bing en Barra de Bing.
  2. Escolle o nome do teu fornecedor de conta de correo electrónico.
  3. Insire o nome de usuario e o contrasinal da túa conta de correo electrónico.
  4. Preme en Enviar.
Engadir outra conta de correo electrónico á barra de Bingexpando image

Podes engadir máis de unha conta de correo electrónico á Barra de Bing e usar o botón Correo para previsualizar o correo electrónico en cada unha das contas por separado.

  1. Preme no botón Correo Imaxe do botón Correo na barra de Bing en Barra de Bing.
  2. Preme en Opcións.
  3. Preme en Engadir.
  4. Escolle o nome do teu fornecedor de conta de correo electrónico.
  5. Insire o nome de usuario e o contrasinal da túa conta de correo electrónico.
  6. Preme en Enviar.
Eliminar unha conta de correo electrónico da barra de Bingexpando image
  1. Preme no botón Correo Imaxe do botón Correo na barra de Bing en Barra de Bing.
  2. Preme en Opcións.
  3. Selecciona a conta que queres eliminar.
  4. Preme en Eliminar.

Despois de configurar unha ou varias contas de correo electrónico para que funcionen coa Barra de Bing, podes usar o botón Correo da Barra de Bing para ver os teus correos máis recentes, ir á túa caixa de entrada, abrir un correo determinado no explorador, eliminar correo electrónico ou redactar un correo novo.

Previsualización dos teus correos máis recentesexpando image
  1. Preme no botón Correo Imaxe do botón Correo na barra de Bing en Barra de Bing.
  2. Na esquina superior esquerda do despregable Correo, preme na icona da conta de correo electrónico que queiras. As iconas mostran o número de mensaxes non lidas de cada caixa de entrada.
  3. Lístanse as mensaxes de correo electrónico máis recentes recibidas na conta de correo electrónico. Segue un destes procedementos:
    • Para abrir unha mensaxe na ventá do teu explorador, preme na lista de mensaxes.
    • Para comprobar se hai correo novo, na esquina superior esquerda do despregable Correo, preme no botón Actualizar Imaxe do botón de actualización do correo electrónico na barra de Bing.
    • Para cambiar as mensaxes da conta de correo electrónico que queres mostrar de forma predefinida ao premer no botón Correo, preme en Opcións. Selecciona a conta de correo electrónico que queiras, preme no botón da frecha de desprazamento cara a arriba ata que a conta estea no primeiro posto da lista e, a seguir, preme en Pechar.
Redactar un correo electrónicoexpando image
  1. Preme no botón Correo Imaxe do botón Correo na barra de Bing en Barra de Bing.
  2. Na esquina superior esquerda do despregable Correo, preme na icona da conta de correo electrónico que queiras.
  3. Na esquina superior esquerda do despregable Correo, preme no botón Redactar Imaxe do botón de redacción de correo electrónico na barra de Bing.
Eliminar un correo electrónicoexpando image
  1. Preme no botón Correo Imaxe do botón Correo na barra de Bing en Barra de Bing.
  2. Na esquina superior esquerda do despregable Correo, preme na icona da conta de correo electrónico que queiras.
  3. Apunta á mensaxe que queiras eliminar e, a seguir, preme na icona X que aparece á esquerda da mensaxe.
Apertura da súa caixa de entrada no exploradorexpando image
  1. Preme no botón Correo Imaxe do botón Correo na barra de Bing en Barra de Bing.
  2. Na esquina superior esquerda do despregable Correo, preme na icona da conta de correo electrónico que queiras.
  3. Na parte superior do despregable Correo, preme no nome da túa conta de correo electrónico.
Resolver a mensaxe de erro "Permite o acceso á túa conta de correo web" cunha conta de Gmailexpando image

Se recibes esta mensaxe de erro ao tentar usar unha conta de Gmail coa Barra de Bing, é posible que teñas que habilitar o IMAP para a túa conta no sitio web de Gmail.

  1. Inicia sesión na túa conta de Gmail.
  2. Na esquina superior dereita, preme en Configuración.
  3. Preme no separador Reenviar e POP/IMAP.
  4. Selecciona Habilitar IMAP e, a seguir, preme en Gardar cambios.
  5. Tenta usar de novo a túa conta de Gmail coa Barra de Bing.
Resolver a mensaxe de erro "Non se pode recuperar o teu correo electrónico neste momento"expando image

Se recibes esta mensaxe de erro na Barra de Bing cando engades unha conta de correo electrónico, é posible que inseriras incorrectamente o usuario ou o contrasinal, ou que cambiaras o contrasinal desde que engadiches a conta á Barra de Bing.

  1. Preme no botón Correo Imaxe do botón Correo na barra de Bing en Barra de Bing.
  2. Preme en Opcións.
  3. Preme na conta de correo electrónico que está provocando o problema.
  4. Preme en Editar.
  5. Insire o nome de usuario e o contrasinal da conta de correo electrónico.
  6. Preme en Enviar.
Notas
  • De forma predefinida, a Barra de Bing mostra unha alerta debaixo da caixa de busca da Barra de Bing cando recibes un correo electrónico novo. Para desactivar as notificacións, preme no botón Correo Imaxe do botón de correo da barra de Bing e, a seguir, preme en Opcións. Desmarca a caixa de verificación Habilitar alertas de correo e, a seguir, preme en Pechar.
  • Se non atopas as funcionalidades descritas aquí, é posible que non teñas a última versión da Barra de Bing. Para instalala, vai a Páxina de descarga da barra de Bing.

Temas relacionados

Acerca da barra de Bing
Escoller e organizar botóns na barra de Bing
Non se ve a barra de Bing

See more videos...