Acceso a túa conta de Facebook desde a barra de Bing

Acceso a túa conta de Facebook desde a barra de Bing

Descubre como iniciar sesión en Facebook, actualizar o teu estado, comentar actualizacións de amigos e moito máis.

O botón de Facebook na Barra de Bing faiche máis doado ver os estados, as fotos e as mensaxes dos teus amigos en Facebook. Podes actualizar con rapidez o teu estado, comentar ou darlle un "Gústame" a unha actualización dun amigo e estar ao tanto de mensaxes, notificacións e solicitudes de amizade.

Iniciar sesión na túa conta de Facebookexpando image
Nota

Os permisos que deas aquí aplicaranse tanto á Barra de Bing como a Bing. Isto significa que se conectas Facebook coa Barra de Bing tamén estás conectando Facebook á busca de Bing.

  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Preme en Iniciar sesión en Facebook.
  3. Escribe o teu enderezo de correo electrónico e contrasinal e, a seguir, preme en Iniciar sesión.
  4. A primeira vez que uses o botón Facebook, solicitaráseche permiso para que Bing poida ver os teus datos. Preme en Permitir.

    Os teus datos non se farán públicos nin se gardarán no teu ordenador nin en ningún outro sitio. Só terás que dar o teu permiso unha vez.

Bing usa estes permisos para ofrecerche mellores resultados de busca e unha experiencia máis personalizada, todo coa axuda dos teus amigos de Facebook. Os resultados de busca que vas ver usan información pública e, se se dan os permisos, tamén información privada e de Facebook para que os primeiros resultados sexan os máis relevantes.

Bing non comparte nada automaticamente con ninguén. Só compartes as buscas, os resultados e os comentarios que decidas publicar en Facebook desde Bing e os "Gústame", as fotos e os datos públicos para os que deas permiso.

Pechar sesión na túa conta de Facebookexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Na esquina superior dereita, preme no botón da frecha.
  3. Preme en Pechar sesión.
Actualizar o teu estadoexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Na parte superior da ventá de Facebook, preme na caixa de texto.
  3. Escribe a túa nova mensaxe de estado e preme en Compartir.
Comentar a actualización dun amigoexpando image

As fontes de noticias da ventá de Facebook na Barra de Bing mostran as últimas actualizacións de estado dos teus amigos.

  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Preme Comentar debaixo da actualización que queres comentar.
  3. Insire a túa mensaxe e preme en Comentar.
"Gústame" ou "Xa non me gusta" a actualización dun amigoexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Debaixo da actualización, preme en Gústame ou Xa non me gusta.
Ver comentarios doutras persoasexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. O número total de comentarios (se os hai) feitos por outros usuarios de Facebook nunha actualización móstrase ao carón da icona de comentarios Imaxe da icona de comentarios de Facebook na barra de Bing. Para ver os comentarios, preme na icona de comentarios.
  3. Se hai máis comentarios dos que ves na Barra de Bing, preme en Ver todos para abrir a lista de comentarios no sitio web de Facebook.
Ver o número de "Gústame" dunha actualizaciónexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. O número total de "Gústame" (se os hai) postos por outros usuarios de Facebook nunha actualización móstrase ao carón da icona "Gústame" Imaxe da icona "Gústame" de Facebook na barra de Bing.
Ver fotos recentes publicadas polos teus amigosexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Preme en Fotos.
  3. Segue un destes procedementos:
    • Para ver o nome dun álbum ou unha foto, apunta ao álbum ou á foto.
    • Para abrir unha foto no sitio web de Facebook, preme na foto.
Ver solicitudes de amizadeexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Se tes solicitudes de amizade, o número de solicitudes móstrase ao carón da icona Solicitudes de amizade Imaxe da icona de solicitudes de amizade de Facebook na barra de Bing. Para ver as solicitudes, preme na icona Solicitudes de amizade.
  3. Se hai máis solicitudes de amizade das que ves na Barra de Bing, preme en Ver todas para abrir a lista de solicitudes no sitio web de Facebook.
  4. Para responder a unha solicitude de amizade, preme no nome da persoa e, a seguir, escolle se queres confirmar ou ignorar a solicitude.
Ver mensaxesexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Se tes mensaxes non lidas, o número de mensaxes móstrase ao carón da icona Mensaxes Imaxe da icona Mensaxes na barra de Bing. Para ver a lista de mensaxes, preme na icona Mensaxes.
  3. Se hai máis mensaxes dos que ves na Barra de Bing, preme en Ver todas para abrir a lista de mensaxes no sitio web de Facebook.
  4. Para abrir unha mensaxe no sitio web de Facebook, preme no título da mensaxe. Os títulos das mensaxes non lidas móstranse en negra.
Ver notificaciónsexpando image
  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Se tes notificacións, o número de notificacións móstrase ao carón da icona Notificacións Imaxe da icona Notificacións na barra de Bing. Para ver a lista de notificacións, preme na icona Notificacións.
  3. Se hai máis notificacións das que ves na Barra de Bing, preme en Ver todas para abrir a lista de notificacións no sitio web de Facebook.
  4. Para abrir a fonte dunha notificación no sitio web de Facebook, preme no título da notificación.
Activar alertas de Facebookexpando image

P botón de Facebook na Barra de Bing pódeche mostrar alertas emerxentes cando os teus amigos che envían unha mensaxe ou cando recibes unha nova notificación ou solicitude de amizade de Facebook. A Barra de Bing comproba cada dez minutos se hai algunha actividade nova en Facebook.

  1. Preme no botón FacebookImaxe do botón Facebook na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Preme en Opcións.
  3. Marca a casilla de verificación Mostrar alertas para novas mensaxes, notificacións e solicitudes de amizade de Facebook.
  4. Preme en Pechar.
Notas
  • O botón Facebook mostra unha alerta cada vez que recibes solicitudes de amizade, notificacións ou mensaxes novas desde a última vez que premiches no botón Facebook.
  • As fontes de noticias da ventá de Facebook na Barra de Bing non mostran actualizacións dalgunhas aplicacións, como por exemplo Farmville.
  • Se non atopas as funcionalidades descritas aquí, é posible que non teñas a última versión da Barra de Bing. Para instalala, vai a Páxina de descarga da barra de Bing.
  • Algunhas das características e funcionalidades que se describen aquí pode que non estean dispoñibles no teu país ou rexión.

Temas relacionados

Acerca da barra de Bing
Non se ve a barra de Bing
Escoller e organizar botóns na barra de Bing
Charlar cos teus amigos de Facebook

See more videos...