Participar ou deixar de participar no Programa de mellora da experiencia da barra de Bing

Participar ou deixar de participar no Programa de mellora da experiencia da barra de Bing

Axuda a mellorar a calidade e o desempeño da barra de Bing.

Cando usas a Barra de Bing, podes escoller participar no Programa de mellora da experiencia de Barra de Bing opcional, que recompila información acerca do teu computador, as túas buscas, enderezos de sitios web que visitas e como usas a Barra de Bing. Esta información axúdanos a mellorar a calidade e o desempeño dos nosos produtos e servizos e axuda a evitar que cheguen á túa caixa de entrada correo non desexado e suplantacións de identidade. Mentres a Barra de Bing está activada, recompilamos información para mellorar a clasificación e a relevancia das buscas e o desempeño dos servizos de Bing.

Para axudar a protexer a túa privacidade non usamos ningunha da información recompilada mediante este programa para identificarte, contactar contigo nin para mandarche publicidade, e almacenamos esta información separada de calquera información de conta que poidamos ter e que te poida identificar directamente, como o nome, o enderezo de correo electrónico ou números de teléfono. Volvemos anónima ou eliminamos a información recompilada mediante este programa aos dezaoito meses.

Ao instalar a Barra de Bing, pódese escoller participar ou deixar de participar no programa marcando ou desmarcando a caixa de verificación Mellorar a miña experiencia antes de premer Rematar para completar a instalación.

  1. Abre o explorador web.
  2. No lado dereito da Barra de Bing, preme o botón Configuración Imaxe da icona de configuración da barra de Bing.
  3. Preme Calidade, selecciona Non, non quero participar e, a seguir, preme Pechar.

Se non ves as funcionalidades descritas aquí, é posible que non teñas a versión máis recente da Barra de Bing. Para instalala, vai á Páxina de descarga da barra de Bing.

Temas relacionados

Acerca da política de privacidade e seguranza de Microsoft

See more videos...