Ver mapas de estradas da barra de Bing
Ver mapas de estradas da barra de Bing
Consulta mapas, obtén rutas e información do tráfico na barra de Bing.
Co botón Mapas da Barra de Bing, podes ver mapas de estradas e aéreos desde Mapas de Bing. Obtén información do tráfico, enderezos e rutas—sen saír da páxina na que esteas.
Ver mapas
- Preme no botón Mapas
na Barra de Bing.
- Segue un destes procedementos:
- Para ir a unha localización determinada, escribe un enderezo na caixa situada sobre o mapa e, a seguir, preme en Buscar.
- Para redefinir o mapa nunha nova localización, preme no mapa e arrástrao.
- Para ampliar ou reducir, preme nos botóns de máis e de menos na ventá do mapa ou preme no mapa e usa a roda do rato.
- Para ampliar unha localización determinada do mapa, preme dúas veces en dita localización.
Cambiar o estilo do mapa
- Preme no botón Mapas
na Barra de Bing.
- Segue un destes procedementos:
- Para ver fotografías aéreas da zona actual do mapa, preme en Aéreo. As fotografías aéreas non están dispoñibles para todas as zonas. Se non se mostran fotografías aéreas, proba a aumentar e reducir o mapa.
- Para ver o mapa de estradas da zona actual do mapa, preme en Estradas.
- Para sobrepor as condicións actuais do tráfico no mapa, preme en Tráfico. Os datos de tráfico están dispoñible para a maioría das áreas metropolitanas.
Cambiar a túa localización predefinida
- Preme no botón Mapas
na Barra de Bing.
- Preme en Opcións.
- Escribe o enderezo da localización que queres que apareza ao premer no botón Mapas, por exemplo o enderezo da túa casa.
- Preme en Gardar.
Obter rutas desde a túa localización predefinida
- Preme no botón Mapas
na Barra de Bing.
- Establece como localización predefinida o punto desde o que queres comezar a viaxe (por exemplo o enderezo da túa casa).
- Escribe o enderezo de destino na caixa situada sobre o mapa e, a seguir, preme en Buscar.
- O mapa desprázase á localización de destino e marca cun alfinete o enderezo que especificaches. Para abrir o sitio web de Mapas de Bing e mostrar as túas rutas, apunta ao alfinete e preme Obter enderezos en Bing.
Activar ou desactivar localizacións recomendadas
Cando visitas algúns sitios web, como por exemplo un fornecedor, o botón Mapas da Barra de Bing mostra unha icona nova. Cando vexas isto, preme no botón Mapas para mostrar unha localización relevante, como por exemplo o punto de venda máis próximo do fornecedor á túa localización predefinida. Se non queres que a Barra de Bing recomende localizacións deste tipo, podes desactivar as recomendacións.
- Preme no botón Mapas
na Barra de Bing.
- Preme en Opcións.
- Marca ou desmarca a caixa de verificación Mapear as localizacións máis próximas das empresas cuxos sitios web visito.
- Preme en Gardar.
Temas relacionados
Acerca da barra de Bing
Non se ve a barra de Bing
Escoller e organizar botóns na barra de Bing