Ver informes meteorolóxicos

Ver informes meteorolóxicos

Vexa na barra de Bing as condicións meteorolóxicas actuais e a previsión de cinco días.

Co botón do tempo da Barra de Bing pode ver as condicións meteorolóxicas e previsións meteorolóxicas para distintas cidades do mundo. Tamén pode escoller unha cidade predefinida e ver no propio botón do tempo as condicións meteorolóxicas da cidade nese momento.

Ver un informe meteorolóxicoexpando image

O botón do tempo mostra automaticamente unha representación gráfica das condicións meteorolóxicas actuais na túa localización predefinida. Para obter máis información sobre o tempo, podes facer o seguinte:

  • Para ver información detallada sobre as condicións meteorolóxicas actuais e unha previsión de cinco días para a túa localización predefinida, preme no botón do tempo Imaxe do botón do tempo na barra de Bing.
  • Para ver información detallada sobre as condicións meteorolóxicas actuais noutra localización, preme no botón do tempo Imaxe do botón do tempo na barra de Bing e, a seguir, preme nos botóns das frechas de desprazamento cara á esquerda e á dereita para navegar polas previsións meteorolóxicas doutras localizacións que teñas engadido.
Engadir unha localización ou cambiar a túa cidade predefinidaexpando image
  1. Preme no botón do tempo Imaxe do botón do tempo na barra de Bing na Barra de Bing.
  2. Preme en Opcións.
  3. Segue un destes procedementos:
    • Para engadir unha cidade á lista, preme en Engadir, escribe o nome da cidade, preme en Buscar e, a seguir, preme na cidade que queiras.
    • Para cambiar a orde das cidades na lista de previsións meteorolóxicas, selecciona a cidade e preme nos botóns das frechas de desprazamento cara a arriba e cara a abaixo.
    • Para cambiar a túa cidade predefinida, selecciona a cidade que queiras da lista e, a seguir, preme en Establecer como predefinida. O tempo da túa cidade predefinida móstrase sempre no botón do tempo e aparece en primeiro lugar cando premes no botón do tempo na Barra de Bing.
  4. Preme en Pechar.
Notas
  • Se non atopas as funcionalidades descritas aquí, é posible que non teñas a última versión da Barra de Bing. Para instalala, vai a Páxina de descarga da barra de Bing.
  • Algunhas das características e funcionalidades que se describen aquí pode que non estean dispoñibles no teu país ou rexión.

Temas relacionados

Acerca da barra de Bing
Escoller e organizar botóns na barra de Bing

See more videos...