Traducir sitios web

Traducir sitios web

Deixa que a barra de Bing traduza automaticamente sitios web para ti.

O Tradutor de Barra de Bing é un servizo gratuíto de tradución automática que podes usar para traducir instantaneamente a outros idiomas o texto dos sitios web. O Tradutor de Barra de Bing utiliza a tecnoloxía de tradución automática estatística de Microsoft Translator, que asigna palabras e frases coñecidas aos seus equivalentes en outros idiomas. A tradución automática pode resultar útil para que os falantes on nativos obteñan un resumo da información un sitio web, pero as máquinas non son falantes nativos, e o texto traducido mediante tradución automática non é necesariamente 100% preciso.

  1. Abre Internet Explorer.
  2. Navega á páxina web que desexes traducir.
  3. Preme o botón Traducir Imaxe do botón Traducir na barra de Bing na Barra de Bing.

    Se non ves o botón Traducir, engade o botón á Barra de Bing. Para obter máis información, consulta Escoller e organizar botóns na barra de Bing.

  4. Na barra Tradutor situada na parte superior da páxina, selecciona o idioma en que queres que apareza o sitio web.

    Para ver calquera frase traducida da páxina web no seu idioma orixinal, apunta á súa tradución.

Para obter máis información sobre o Tradutor de Barra de Bing, vai á páxina de inicio de Microsoft Translator. Para obter información sobre idiomas admitidos, enviar comentarios ou outras preguntas acerca de Microsoft Translator, consulta a Axuda de Microsoft Translator.

Notas
  • Se visitas unha páxina web escrita nun idioma distinto ao idioma do teu explorador predefinido, o Tradutor de Barra de Bing pregúntache automaticamente se desexas traducila. Para traducir a páxina web ao idioma do teu explorador predefinido, na alerta que aparece debaixo da caixa de busca da Barra de Bing, preme Si.
  • O Tradutor de Barra de Bing permanece activado mentres ves a mesma páxina web. Cando navegas a outra páxina web, o Tradutor de Barra de Bing desactívase ata que escollas volver traducir.

Temas relacionados

Acerca da barra de Bing

See more videos...