Gardar resultados de busca con Bing

Gardar resultados de busca con Bing

Garda os resultados de busca para velos nun mesmo lugar en calquera momento e desde calquera dispositivo

Garda os resultados de busca para velos nun mesmo lugar en calquera momento e desde calquera dispositivo.

Que é á páxina "Os meus elementos gardados"?expando image

Podes gardar os resultados de busca na túa páxina Os meus elementos gardados e velos máis tarde desde calquera dispositivo. Podes gardar imaxes, vídeos, lugares e resultados de compras.

Como gardo algo para máis tarde?expando image

Cando explores resultados de imaxes, vídeos, lugares ou compras en Bing, podes seleccionar o [+] en calquera dos resultados para gardalo na túa páxina Os meus elementos gardados.

Como podo ver os resultados que gardei?expando image

Os teus resultados de busca gardados aparecerán na páxina Os meus elementos gardados. Para acceder a ela, preme en Configuración e, despois, en Os meus elementos gardados.

Como podo eliminar os resultados que gardei?expando image

Na páxina Os meus elementos gardados, preme en ••• no resultado de busca que queiras eliminar e, despois, preme en Eliminar.

Quen pode ver os resultados que gardei?expando image

Só ti podes ver os resultados de busca que gardaches. Para ver todos os resultados que gardaches, inicia sesión en Bing coa túa conta de Microsoft.

Debo ter sesión iniciada para acceder aos meus elementos gardados?expando image

Se tes sesión iniciada cunha conta de Microsoft, poderás ver os teus resultados de busca gardados desde calquera dispositivo. Se non tes sesión iniciada, poderás gardar os resultados para máis tarde, pero borraranse se cambias de explorador ou se borras as cookies.

Nota

Pode que algunhas das características e funcionalidades que se describen aquí non estean dispoñibles actualmente no teu país ou rexión.

See more videos...